Curso de “Cooperativas. Estratexias para afrontar a crise”

O COOPERATIVISMO é unha fas formas xurídicas máis beneficiosas e axeitadas para aqueles EMPRENDEDORES que decidan comenzar a complexa singladura de se abrir paso no mundo empresarial en compañía doutros socios/as e/ou traballadores/as.

Este curso componse de varios elementos que podes descargarte dende esta mesma páxina. Todos eles son arquivos de Adobe (.pdf) e para súa lectura, en caso de non telo programa, podes obtelo de xeito legal, seguro e gratuito dende a súa mesma páxina.

Para empezar existe unha serie de documentación oficial que tanto teñas comenzado ou non o teu proxecto coperativo, antes ou despois terás que utilizala:

ESTES CURSOS FORMATIVOS ESTÁN INCLUÍDOS DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN E PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO da Xunta de Galicia.

"As sociedades cooperativas e as súas asociacións, legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Cooperativas da Xunta de Galicia, poderán solicitar ante a Consellería de Traballo e Benestar, axudas para a realización de actividades de fomento do cooperativismo. Tamén poderán resultar beneficiadas as organizacións empresariais e sindicais, así como as asociacións profesionais legalmente constituídas. As actividades obxecto de subvención poderán consistir nunha organización de cursos, xornadas, conferencias e simposios; na elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, manuais e folletos divulgativos; na incorporación a redes informáticas así como calquera outra acción promocional que fomente o cooperativismo.

 

VOLVER